Galicia Sucesos

Dous mortos e 51 feridos en accidentes de tráfico en Galicia a fin de semana

O peor foi o domingo

53 feridos en accidentes de tráfico nunha fin de semanas sen mortos nas estradas galegas

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 53 persoas debido a 45 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres, día 18, e as 12 menos un minuto da noite deste domingo, 20 de marzo.

Os recursos sanitarios mobilizados foron 58. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 8 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 44 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en 6 accidentes.

En 45 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en seis ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e dúas persoas faleceron no punto.

También te puede interesar