Comarcas Vigo al minuto

O Concello do Rosal abre un espazo para o autoarranxo de obxectos

Quere axudar a arranxarse do modelo de ‘usar e tirar’

Este venres, día 4, abre as súas portas no Rosal o ‘Espazo de Autoarranxo’, un centro municipal dotado con todo o material necesario para que os veciños e veciñas poidan reparar nel pequenos aparellos eléctricos, bicicletas e outros enseres.

Afastarse dos modelos de ‘usar e tirar’

«Con iniciativas como esta queremos concienciar ás persoas para afastarnos dos modelos de usar e tirar en prol dun modelo adaptado á economía circular», explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

Reducir os residuos nos vertedoiros

Este centro, para o que se rehabilitou un edificio municipal en desuso na Cumieira, será tamén «un espazo para intercambiar coñecementos e experiencias e contribuír á reparación e reutilización de materiais, alongando a vida útil dos obxectos, facilitando o intercambio de materiais, reducindo os residuos a tratar nos vertedoiros e potenciando a sensibilización ambiental».

Este proxecto está financiado ao abeiro do Fondo Europeo De Desenvolvemento Rexional con cargo ao Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Facebook, web e titorais

Xunto á posta en marcha do Espazo de Autoarranxo, o Concello habilitou un grupo en Facebook para o intercambio de obxectos entre a veciñanza e creou a páxina web de Medio Ambiente, que conta con apartado especial dedicado á este espazo con diferentes titoriais.

Por último, impartíronse obradoiros de formación ou foi empregado por parte do alumnado de plástica do CPI Manuel Suárez Marquier para a restauración de mobiliario e por persoal municipal para a reparación de maquinaria como as biotrituradoras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.