RGPD - Cookies
Comarcas

O Porriño amplía o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez

Só contemplaba a acometida para unha das marxes da rúa

O Porriño amplía o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez

A concellería de Vías e Obras do Porriño, que dirixe Ramón Porto, informou de que se ampliou o proxecto de humanización da rúa Manuel Rodríguez que, pese a estar en execución, só renovaba as redes de saneamento e abastecemento de un dos lados da rúa.

Non incluían pluviais, fecais e electricidade

«As obras están iniciadas pero o proxecto non incluía a renovación das redes de pluviais e fecais, saneamento ou electriciade para o 100% das vivendas da rúa, tan só ás dunha marxe«, explicou o edil, «Por iso redactamos unha ampliación que levará a cabo a mesma empresa».

Preto de 40.000 euros

Pola súa banda, o alcalde Alejandro Lorenzo, explicou que «se invertirán preto de 40.000 euros para que todos os inmobles da rúa Manuel Rodríguez teñan acceso a estas redes públicas reformadas, ademais da preinstalación para redes de telecomunicación e de baixa tensión».

O rexedor apuntou que «non se pode acometer unha obra desta magnitude intervindo só na metade da zona afectada, tal e como estaba proxectada non tiña sentido algún».

Cabe destacar que estas obras estanse a executar no tramo de Manuel Rodríguez entre a confluencia con Xogo da Ola e a Praza de San Sebastián e contaban cun orzamento de máis de 400.000 euros con cargo ao Plan Concellos da Deputación. 

También te puede interesar