Galicia Vigo al minuto

Ecoloxistas en Acción solicita a Augas de Galicia que elimine o salto de Ponte Inferno

Piden a cadaucidade da concesión hidroeléctrica

Ecoloxistan en Acción solicita a Augas de Galicia que elimine o salto de Ponte Inferno

Ecoloxistas en Acción exerce como “acusación popular” nas Dilixencias Previas 466/19 que se dirimen no Xulgado de Instrución nº1 de Pontevedra, por presunto delito contra o medio ambiente cometido polas empresas concesionaria, Naturgy, e arrendataria, Elecdey.

Caducidade da concesión hidroeléctrica

En base á investigación do expediente de extinción e da información do proceso, a organización ecoloxista conclúe que a única saída administrativa a caducidade da concesión hidroeléctrica. A mesma ten que ir aparellada coa declaración da extinción e a restauración dos ecosistemas fluviais ao seu estado orixinal.

Os ecoloxistas apuntan que unha resolución en sentido diferente á restauración da zona, podería ser considerada como a emisión dun xuízo en contra da información que obra no expediente.

“Maís de 100 anos degradando o río”

Indican que esta central hidroeléctrica leva máis de 100 anos degradando o río. Os últimos 30 incumprindo concesión e legalidade vixente de forma consentida por unha administración que non foi capaz de pór freo á desertización deste tramo fluvial do río Verdugo, e desde o 2017 ata abril do pasado ano, totalmente fora do prazo dá concesión“.

Cauce “desertizado”

A organización ecoloxista lamenta que xa en abril de 2021 podería terse comezado coa recuperación paulatina do río Verdugo con só abrir unha comporta de fondo no muro da presa como teñen recomendado. Esta comporta descargaría parte da carga de gravas que é retida por encima do obstáculo, axudando a conformarse o leito do río nos máis de 2 quilómetros de cauce agora “desertizado”.

Apuntan a Augas de Galicia

Ecoloxistas en Acción anuncia que estará pendente de que Augas de Galicia resolva o expediente en prazo e non suceda como no anterior expediente no que o organismo de augas “deixou caducar a tramitación sen resolvelo”.

Advirten ademais que de volver a suceder isto, emprenderían accións legais contra Augas de Galicia por deixamento administrativo.

También te puede interesar