O mural do emperador Julio César pintado na parede dun edificio da Rolda da Muralla, en Lugo, foi elixido polo portal Streetartcities, como o ‘Mellor do Mundo’, en 2021.
A obra de ‘Diego As’ (Diego Anido Seijas), o seu autor, xa fora elixida como a mellor do Globo no pasado mes de agosto. “Quero dar as grazas á cidade de Lugo, a todos os que me votaron para poder levar este mural a ser o mellor do mundo entre os cen que participaban”, sinala ‘Diego As’.
O Julio César, de máis de 20 metros de altura, estaba entre os 100 murais escollidos polos especialistas para optar a este premio que, finalmente otorgáronlle os cidadáns mediante os seus votos online.