Galicia Vigo al minuto

O Tribunal Superior de Galicia prorroga a esixencia do ‘certificado Covid’

Ata o vindeiro día 26

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prorrogar en toda a comunidade, ata o próximo 26 de febreiro, a esixencia de presentar o certificado COVID-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa para desenvolver unha serie de actividades.

Os maxistrados consideran que é necesario ampliar a vixencia da medida debido á situación epidemiolóxica de Galicia e á existencia de risco de transmisión do virus.

Obligatorio

Por tanto, o documento seguirá sendo requirido para entrar nos locais de hostalería e de lecer nocturno; así como para acceder ás residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional; a instalacións pechadas nas que se practique actividade física e deportiva non federada; a piscinas cubertas; albergues turísticos e a eventos multitudinarios ou a aqueles que teñan autorizada a venda de alimentos ou bebidas para o consumo no seu interior.

Este certificado tamén continuará esixíndose ás visitas dos pacientes ingresados en hospitais.

«O virus continúa tendo unha elevada circulación»

No auto, contra o que cabe recurso, o TSXG conclúe que se mantén o xuízo de «idoneidade, necesidade e proporcionalidade» da medida, pois os valores que mostra o estudo técnico achegado pola Consellería de Sanidade «seguen sendo elevados, o que indica que o virus continúa tendo unha elevada circulación».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.