Comarcas Vigo al minuto

Empeza a ‘Escola de Letras’ da Deputación

Desde este martes, da man de Inma López Silva

30 persoas mergullaranse de pleno a partir desta semana na trepidante viaxe que supón a escritura dunha novela, grazas ao arranque da terceira edición da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia.

A encargada de marcar o punto de inicio desta nova edición da escola será a autora Inma López Silva, que
impartirá as primeiras sesións dos seus dous obradoiros literarios en Vigo e Pontevedra a partir deste martes 8 e o xoves 10 de febreiro, respectivamente.

A formación da autora continuará os días 15 e 22 de febreiro, 8, 15 e 22 de marzo e 5 e 19 de abril no curso de Vigo (que se celebra na sede da Deputación na cidade) e os días 17 e 24 de febreiro e 3, 10, 17, 24 e 31 de marzo no curso de Pontevedra (desde o Edificio Administrativo, a carón do Pazo provincial).

Prazas esgotadas en 3 horas

A Escola de Letras non pode comezar de mellor xeito, xa que as prazas para os dous cursos (15 en cada) que comezan estes días esgotáronse en soamente tres horas desde o inicio do prazo de inscrición e contan cunha ampla lista de agarda.

Este ano a Deputación e Editorial Galaxia, para fomentar unha maior variedade entre o alumnado dos distintos cursos, decidiron mudar o sistema de inscrición na Escola, de xeito que non se poderán solicitar prazas ata un mes antes do inicio de cada curso (os inicios dos prazos serán comunicados convenientemente) a través do correo electrónico
[email protected].

6 obradoiros

Todos os cursos contan con 15 prazas para ofrecer unha atención máis individualizada e adaptada aos requirimentos do alumnado. A través desta iniciativa, cunha escola pioneira en Galicia e unha das poucas que existen a nivel estatal, impartiranse ao longo de 2022 un total de 6 obradoiros.

Súmanse aos dous de Inma López Silva o obradoiro de poesía de Antonio García Teijeiro (26 e 27 de abril en Vigo) e o obradoiro literario de Diego Giráldez (13, 20 e 27 de setembro e 4 e 11 de outubro tamén en Vigo).

‘Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas’

O seguinte será a gran novidade deste ano, un obradoiro máis xeral e amplo –moi demandado polo alumnado das
edicións anteriores– chamado ‘Escribir. Xéneros, técnicas, temáticas…’ impartido por Anna Figueiredo (19 e 26 de setembro, 3, 10, 17 e 24 de outubro e 7 e 14 de novembro en Pontevedra) e, por último, o obradoiro de poesía a cargo de Elvira Ribeiro (18 e 25 de outubro en Pontevedra).

Todos os cursos impártense en horario de 18:00 a 20:00 horas coa excepción do de Anna Figueiredo, de 19:00 a 21:00 horas.

Master Classes

Ao igual que nos anos anteriores, a Escola de Letras dirixida por Francisco Castro (director xeral de Galaxia) tamén celebrará máster classes para público xeral nas que autoras e autores de prestixio compartirán as súas experiencias arredor da publicación dos seus títulos e a experiencia de escribir. Estas sesións, se as circunstancias o permiten, serán celebradas por primeira vez de xeito presencial.

«Tes cinco minutos»

Ademais, ao longo desta edición tamén se publicará a segunda edición das recompilacións “Tes cinco minutos”, que chegará ás librarías co gallo do Día do Libro para amosar a calidade dos exercicios que as alumnas e alumnos da Escola desenvolven durante a súa formación e, tamén en 2022, Galaxia editará a primeira obra dunha alumna da Escola de Letras, pertencente ao xénero fantástico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.