RGPD - Cookies
Galicia Vigo al minuto

O cura de Xermade chama ‘terroristas’ aos bispos por desentenderse dos abusos a menores

Cré que eran «cómplices e colaboradores» dos pederastas

O cura de Xermade chama 'terroristas' aos bispos por desentenderse dos abusos a menores

Luis Rodríguez Patiño, cura de Momán, no concello lucense de Xermade, volveu a cualificar de «terroristas» aos bispos por desentenderse dos casos de pederastia e, incluso, dixo, «permitilos«.

«Nunca obraron ben»

Para o pai Luis, os bispos «Nunca obraron ben. Eu levo denunciando, desde hai moito tempo, que a Igrexa ten que ser transparente. Aínda que a Igrexa é o pobo, aquí falamos máis que nada de xerarquía eclesiástica e non só a española, senón a de todo o mundo».

«Os bispos eran cómplices e colaboradores»

O cura de Momán rarifiticouse nas súas palabras, «volvín chamar claramente terroristas aos Bispos polo terror, polo que estaban a permitir, e por ese terror a toda esa xente [vítima dos abusos], aos seus pais e a toda a sociedade».

Na súa opinión, «co seu silencio, os bispos, eran cómplices e colaboradores deses sacerdotes pederastas. Nós debemos seguir o Evanxeo, e é moi claro por canto proclama que o que faga dano a un neno máis lle valería colgarse de pedra ao pescozo e tirarse ao pozo», manifestou.

Non tomaron o poder como servizo, senón como «aquí mando eu»

«Igrexa é unha palabra grega que significa reunión, aqueles que se reuniron en nome de Deus e de Jesús». «Houbo uns cuantos que se toman o seu poder dentro da Igrexa non como servizo, senón como xerarquía e aquí mando eu e interpreto o Evanxeo segundo interésame», afeou, finalmente.

Amais dos abusos, Luis Rodríguez tamén criticou á curia polas inmatriculaciones, considerando que son poucas as que recoñeceron como ‘irregulares’ por parte da Igrexa, que non chegan a mil.

Tamén pediu a ex comunión para Rajoy

Non é a primeira vez que o cura de Momán fai declaracións polémicas...no ano 2016 pediu a ex comunicón para o entonces presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Daquela repetiu unha petición que xa fixera antes, asegurando que «Rajoy é moralmente crimina, ainda que o bispo, de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco- sobriño do ultraconservador cardeal Rouco Varela- pediulle , entón que «non dese nomes».

E que se expulsase a Feijóo da Igrexa católica

Dous anos máis tarde declarou que habería que expulsar da Igrexa Rajoy e Feijóo pola «pobreza na que sumiron ao país, con desafiuzamentos e recortes sanitarios». Ao seu xuízo, Rajoy e Feijóo  “son responsables da cantidade de sofrimento que padece a xente …como o bote das pensións, que está valeiro».


También te puede interesar