RGPD - Cookies
Deportes Destacados

Os galegos Arlet Ortiz, Iván García e Tania Castiñeira, campións de España de Taekwondo

Galicia faise co campionato en Técnica Individual

Arlet Ortiz (-57 Mat´s), Tania Castiñeira (+73, Hebe) e Iván García (+87, Mat´s) revalidaron o título de campións de España de Taekwondo en La Nucia (Alacante).

Estes foron os resultados máis destacados para Galicia no Campionato de España de Combate, xunto con dúas pratas (Alma Pérez e Ainoha García) e 6 bronces (Pablo Patiño, José Fernández Rey, Aitana Fariña, Miryam García, Cloe Iglesias e Desireé Rivadulla), nun equipo moi novo e renovado que fixo un magnífico papel.

Con estas medallas, Galicia logrou a segunda posición na clasificación xeral por equipos femininos, mentres que foi cuarta na clasificación masculina e na xeral.

Galicia, campioa de España de técnica individual

 As e os nosos deportistas volveron facelo. Un ano máis renderon a un nivel altísimo e no campionato de España celebrado de Taekwondo no que Galicia logrou proclamarse campioa de España de técnica individual. 

En total foron 2 ouros, 2 pratas e 5 bronces. Mañá continúa a competición con parellas e tríos (técnica) e freestyle.

También te puede interesar