Comarcas Vigo al minuto

Nigrán ofrece ‘terapia canina’ todo o ano al alumnado do centro ‘Juan María’

O programa desenvóvese semanalmente a través de 4 especialistas e os seus respectivos cans

O Concello de Nigrán volve a financiar con 11.880 € a terapia canina do Centro de Educación Especial Juan María (Parada) durante todo este ano. Así o confirmou o propio o alcalde nunha visita para coñecer de preto esta metodoloxía con beneficios científicos contrastados. Deste xeito, o alumnado continuará recibindo estas sesións, que estrearon este ano coa empresa especializada Yaracan tras autofinanciarse coa venda de almanaques solidarios.

35 alumnos

«Estamos moi agradecidos a todas as persoas que mercaron ese almanaque porque permitiron levar adiante este proxecto marabilloso que, agora, continuaremos da man do Concello de Nigrán», sinala Alberto González desde a dirección do Centro.

Así, igual que no ano 2021, neste 2022 a totalidade dos 35 alumnos seguirán a participar no programa complementario de educación asistida un día á semana en horario lectivo e en sesións individuais ou en aula atendendo ás necesidades concretas de apoio educativo; a terapia desenvolverase con catro cans e os seus respectivos técnicos especialistas.

Os cans non xulgan, non senten mágoa «e trátannos a todos por igual»

Desde a propia empresa especialista e o CEE Juan María destacan que á activación emocional positiva que xera o contacto cos cans súmase que «non xulgan, non senten mágoa e trátannos a todos por igual».

O feito xa contrastado de que favorecen a redución do ritmo cardíaco, a diminución da presión arterial e a segregación de endorfinas e oxitocina, permite traballar en áreas cognitivas, psicomotrices, comunicativas e sociais como un potente recurso de apoio para os profesionais do CEE Juan María.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.