Galicia Vigo al minuto

Feijóo anuncia unha oferta de Emprego para 106 médicos de Atención Primaria

Son para postos de dificil cobertura e pensados para médicos que rematan o MIR

Alertan do aumento de agresións ao persoal de Atención Primaria, en Vigo

O presidente da Xunta anunciou hoxe que Galicia aprobará proximamente unha Oferta Pública de Emprego con 106 prazas de médico especialista de área en Atención Primaria. Será a primeira por concurso de méritos de España, asegurou Feijóo.

Trátase de prazas de difícil cobertura e a oferta está especialmente pensada para médicos que rematan a súa formación MIR en Atención Primaria, este ano, en Galicia, que son, exactamente 106. Por iso, asegurou esta mañá o conselleiro, poderán anotarse xa a esta oferta extraordinaria, ainda que rematen a súa formación en maio.

86 médicos xubilados

En resposta ás preguntas dos grupos políticos do Parlamento, o presidente destacou a incorporación de 86 médicos xubilados para reforzar as tarefas de seguimento dos casos COVID e informou de que “anotáronse xa 150 médicos sen especialidade para diminuír a burocratización”.

Aumento de 831 traballadores máis na Atención Primaria

Feijóo reivindicou que,hoxe, a Atención Primaria conta con 831 traballadores máis que cando chegou ao Goberno-hai 13 anos- dos que máis de 100 son médicos de familia e 378 persoal de Enfermaría. Ademais, engadiu, hai 90 centros de saúde novos ou reformados, aos que se engadirán 51 máis nesta lexislatura.

Colaboración do BNG

Feijóo aproveitou a súa intervención para pediu novamente ao BNG que apoie as demandas de Galicia ao Goberno central; unhas reivindicacións que cualificou de “xustas e razoables” para poder afrontar a falta de médicos.

Entre elas o presidente da Xunta, que ten as competencias exclusivas en Sanidade, citou o incremento de prazas MIR de familia; a convocatoria dun MIR específico para esta especialidade; a creación da especialidade de medicina de
urxencias ou a eliminación das taxas de reposición.

También te puede interesar