Comarcas Vigo al minuto

Tomiño creará unha nova senda para unir a rotonda da Pedra coa avenida do Baixo Miño

Dará continuidade aos itinerarios peonís e ciclistas desenvoltos coa recente execución da variante de Seixo

Tomiño continúa a recuperar espazo para as persoas. O Concello acaba de licitar a obra para crear unha nova senda que unirá a rotonda da Pedra coa nova avenida do Baixo Miño.

150.000 euros

Os traballos contan cun orzamento de máis de 150.000€ e constrirán un percorrido accesible e seguro pola marxe este da estrada actual, e que dará continuidade aos itinerarios peonís e ciclistas desenvoltos coa recente execución da variante de Seixo.

Percorrido circular de máis de 4 quilómetros

A alcaldesa destaca que con esta actuación «continúamos fomentando e potenciando a mobilidade sustentable en Tomiño». Sandra González explica que a nova senda creará un longo percorrido circular de máis de catro quilómetros ao redor do Seixo para o desfrute da veciñanza.

«Sabemos que aos veciños e veciñas de Tomiño utilizaban este traxecto de maneira habitual, polo que con esta nova actuación, pechamos un anel seguro, confortable e accesible para todas as persoas no centro do noso concello».

4 meses de traballo

A obra neste momento está en prazo de licitación pública e o prazo de presentación de ofertas é de 26 días naturais naturais dende a súa publicación no perfil do contratante. Unha vez licitada, o prazo de execución será de catro meses. Esta intervención está financiada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.