Galicia

O Tribunal Superior de Galicia autoriza a prohibir as reunións de 3 a 6 da madrugada as fins de semana

Ata o 29 de xaneiro

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a prorrogar, ata o próximo 29 de xaneiro, a prohibición de reunións entre non conviventes entre as 3 e as 6 da madrugada dos venres, sábados, domingos e festivos.

Certificado COVID

Tamén deu a súa aprobación a prorrogar a esixencia de presentar o certificado COVID-19 de vacinación, de proba diagnóstica negativa ou de recuperación para acceder ao interior de determinados establecementos. Entre eles o alto tribunal sinala a locais de hostalería, de lecer nocturno, hospitais, residencias, ximnasios e albergues turísticos.

Conter a expansión do virus e «defender a saúde pública»

Os maxistrados explican na resolución que as medidas teñen como propósito «defender a saúde pública, malograda pola pandemia», así como conter a expansión do virus. Tras estudar os dous informes presentados pola Xunta, «certamente mellor fundados que os que se analizaron no auto do 30 de decembro», aseguran que é «evidente» a necesidade de persistir nas medidas que se orientan a reducir a interacción social, que contribúe á expansión do virus, especialmente nos ámbitos e sectores aos que se refiren as ordes«.

«Efectos favorables» dos certificados COVID

A sección terceira da Sala do contencioso-administrativo do TSXG destaca no auto, notificado hoxe, os «efectos favorables» que ten a esixencia de presentar «calquera dos tres certificados COVID-19 -vacinación, recuperación ou proba diagnóstica-«, entre eles os beneficios indirectos para a poboación máis resistente a vacinarse».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.