RGPD - Cookies
Galicia

Gonzalo Caballero ‘despedido’ como portavoz socialista no Parlamento de Galicia

O sobriño do alcalde de Vigo seguirá como deputado ‘raso’

Gonzalo Caballero 'despedido' como portavoz socialista no Parlamento de Galicia

Gonzalo Caballero non seguirá como portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, o terceiro da Cámara. Caballero, que en 2020 conqueria un dos peores resultados do PSdG na súa historia, perdeu o mes pasado a Secretaría Xeral dos socialistas galegos ante Valentín González Formoso.

Luis Álvarez

O lucense Luís Álvarez será o novo portavoz socialista. González Formoso trasladou a súa decisión á prensa, logo dunha reunión da executiva do PSdG na que tamén se acordou a renovación da dirección do grupo parlamentario.

Lugo, clave

O nomeamento de Álvarez, é o recoñecemento do líder socialista sa importancia que tivo a provincia de Lugo na súa vitoria: alí Formoso contou co apoio da alcaldesa, Lara Méndez, e do presidente da Deputación, José Tomé.

También te puede interesar