RGPD - Cookies
Destacados

O alcalde do Porriño prescinde de 5 vehículos de luxo que usaba o goberno anterior

Tres SEAT Ateca, un Mini Cooper e un Renault Megane

O alcalde do Porriño prescinde de 5 vehículos de luxo que usaba o goberno anterior

Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño, anunciou que prescindirá de cinco vehículos –«os de máis luxo e cilindrada»– do parque municipal para aforrar «gastos innecesarios».

Son o tres SEAT Ateca, o Mini Cooper e o Renault Megane que foron adscritos á Alcaldía, concelleiros do anterior goberno municipal (PSOE-BNG), presidido por Eva García, e á Policía Local.

O goberno anterior fixo unha operación de renting por 627.000€

Estes cinco vehículos supoñen o 20% do custo, é dicir, 56.572 € de euros de aforro, da operación de renting por un importe total de 627.602€ que realizou en 2019 o anterior Goberno municipal para renovar o parque municipal.

Lorenzo insistiu que esta decisión que xa se atopa en tramitación, «inscríbese na nosa defensa do interese público que nos obriga a priorizar gastos, pagar facturas e licitar servizos básicos. Temos máis de 5 millóns de euros en facturas pendentes de pago, á espera do que conclúa a auditoría».

Un vehículo para cada concelleiro

O alcalde manifestou que «aínda que a situación económica fora boa, non se xustificaba a asignación dun vehículo para cada concelleiro. Coido que ningún concello de España o poida permitir. Tratábase dun luxo innecesario e inxustificable«.

A maiores, o goberno municipal dispón dun informe xurídico solicitado á Deputación de Pontevedra que conclúe que a resolución deste contrato de renting sería viable «por cuestións de interese público».

Máis vantaxes que inconvenientes

«Aínda que a devolución destes cinco vehículos podería supor unha penalización da orde de 3.300€ por parte da adxudicataria do renting, as vantaxes son evidentes porque xeraremos a longo prazo un aforro moitísimo maior, da orde de algo máis de 53.000 euros», explicou o primeiro tenente de alcalde Abel Estévez.

«Exceso manifesto de turismos»

Segundo indicou, «unha vez revisada a quilometraxe e o uso do parque de vehículos de ‘renting’, detectamos un exceso manifesto de turismos, polo que é necesario devolver os coches de gama máis alta e de maior cilindrada», engadiu Estévez, e adiantou que «este goberno seguirá revisando se é posible prescindir dalgún máis».

También te puede interesar