Comarcas Vigo al minuto

A Deputación aporta 2,5 millóns para servizos sociais de 51 concellos da provincia

Aumenta a achega para persoal co fin de axilizar os procesos administrativos

A Deputación de Pontevedra mobilizará este 2022 preto de 2,5 millóns de euros (2.481.074€) para o Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais dos 51 concellos de menos de 20.000 habitantes.

Axuda no Fogar

A Xunta de Goberno vén de aprobar hoxe as bases deste plan, que asigna 1,2 millóns de euros (1.254.750€) para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar nos domicilios por parte de persoal especializado. A eles angádense outros 1,2 millóns (1.226.324€) para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.

Máis persoal

A presidenta Carmela Silva, subliñou que a principal novidade neste 2022 estará no apartado do persoal, no que a Deputación estenderá o financiamento do perfil da persoa auxiliar administrativa. «Contribuíndo así a axilizar os procesos administrativos dos Servizos Sociais Comunitarios que se atopan desbordados, moito máis agora que aínda estamos a sufrir a Covid e as súas consecuencias”.

Esta modificación beneficia aos concellos de Arbo, As Neves, Crecente, Cuntis, Meis, O Rosal, Pontecesures, Portas,
Rodeiro e Vilaboa, que suman un total de 60.145€ a maiores na súa asignación.

Un servizo «fundamental»

Carmela Silva cualificou o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) como “fundamental” e lembrou que atende a persoas maiores con déficits de autonomía e a persoas con discapacidade.

No caso do coste do persoal, finánciase a contratación de persoas traballadoras administrativas e tituladas medias e superiores dos Servizos Sociais Comunitarios destes concellos, entre os que se inclúen os profesionais do Servizo de Educación e Apoio Familiar.

Investimento por comarcas

A Paradanta

No Plan de Cofinanciamento dos Servizos Comunitarios Municipais, a comarca da Paradanta ten asignados neste 2022 un total de 178.704€, que se reparten da seguinte forma: Arbo (50.566€), A Cañiza (55.846€), Covelo (36.387€) e Crecente (35.904€).

O Condado

No caso do Condado, recibirá 168.434,91 euros, distribuídos do seguinte xeito: Mondariz (56.079,21€), Mondariz- Balneario (22.697,20€), As Neves (36.733,21€), e Salvaterra (52.925,29€).

Baixo Miño

Por outra banda, o Baixo Miño percibirá 258.061,15€, dos que A Guarda recibirá 59.866€; Oia 25.541€; O Rosal, 33.861; Tomiño, 59.042€, e Tui 79.750€.

Val Miñor

Val Miñor ten consignados 188.350 euros, que se repartirán entre Baiona (51.310€), Gondomar (56.446€) e Nigrán (80.594€).

O Deza

O investimento en Deza acada os 254.598€, con Agolada (50.633€), Dozón (41.867€), Rodeiro (32.899€), Silleda (68.354€) e Vila de Cruces (60.844€).

Tabeiros-Terra de Montes

Tabeirós-Terra de Montes recibirá 113.634€,dos que Cerdedo-Cotobade ten asignados 59.534€ e Forcarei 54.099€.

Comarca de Vigo

A comarca de Vigo percibirá 221.937€, dos que Fornelos terá 26.395€; Mos, 80.864€; Pazos de Borbén, 24.094€; Salceda, 60.088,86€ e Soutomaior, 30.494 €.

O Morrazo

No caso do Morrazo, ten asignados 132.745€, dos que Bueu recibirá 51.786€, e Moaña 80.959€.

O Salnés

A comarca do Salnés ten consignados 526.165€, repartidos do seguinte xeito: Cambados (54.670 €), Catoira (21.337 €), O Grove (65.235€), A Illa (28.521€), Meaño (55.042€), Meis (37.239€), Pontecesures (27.681 €), Ribadumia (29.296€), Sanxenxo (80.264 €), Valga (43.939 €) e Vilanova (82.939€).

Comarca de Pontevedra

Finalmente, a comarca de Pontevedra recibirá 438.444€: Barro (39.097€), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (27.328 €), Cuntis (47.535€), A Lama (41.345€), Moraña (23.577 €), Poio (92.756€), Ponte Caldelas (52.946 €),
Portas (35.821 €) e Vilaboa (27.130€).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.