Galicia Vigo al minuto

Comezan no Rosal as concentracións para denunciar a situación da sanidade no Baixo Miño

So hai consultas urxentes e relacionadas coa COVID

Comezan no Rosal as concentracións para denunciar a situación da sanidade no Baixo Miño

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño comeza esta semana unha rolda de concentracións para denunciar o deterioro que está a sufrir a Atención Primaria nos centros de saúde da comarca.

Os mesmos, padecían unha importante carencia de persoal sanitario que case limitaba a atención ás urxencias, relegando as consultas ordinarias, con esperas moi prolongadas. Esta situación viuse agravada aínda máis tras a decisión do Sergas de, «en lugar de poñer solucións, decretar que só se atendan consultas urxentes e relacionadas coa COVID-19 nas instalacións da Guarda, O Rosal e Tomiño durante estes días».

Catro concentracións conxuntas

Ante esta realidade, as alcaldesas e alcaldes da Mancomunidade convocan para os meses de xaneiro e febreiro catro concentracións conxuntas. Nas mesmas queren «denunciar a situación de precariedade e o continuo desmantelamento da sanidade pública nos nosos municipios e trasladar ao Sergas e á Xunta a necesidade de adoptar medidas de forma urxente. A resposta non é restrinxir servizos, senón buscar solucións a curto e medio prazo».

A primeira o mércores, día 12 de xaneiro

Por este motivo, convídase á toda a veciñanza e ás plataformas en defensa da sanidade pública a participar nestas catro concentracións, que arrancarán o vindeiro mércores 12 de xaneiro ás 19.00 horas na Praza do Calvario do Rosal.

A seguinte cita será o 26 de xaneiro en Tomiño (ás 19.00 h na Praza do Seixo); o 9 de febreiro en Tui (ás 19.00 horas na Praza da Inmaculada) e o 23 de febreiro na Guarda (ás 19 h na Praza Avelino Vicente).

Con estas concentracións búscase poñer de relevo «unha situación transversal que afecta a toda a veciñanza e que compromete e pon en risco a nosa saúde actual e futura».

Diminución da atención presencial

A Mancomunidade reclama dende hai tempo unha mellora da atención sanitaria que poña fin á degradación progresiva dos centros de saúde. Os mesmos, advirten, carecen de medios persoais e contan cunhas instalacións deficientes e en progresivo deterioro.

Esta precariedade que se viu acentuada coa chegada da pandemia, cunha diminución da atención presencial e medidas tomadas por Sanidade que atentan contra a calidade do servizo. As rexedoras e rexedores da Mancomunidade dan o seu apoio aos profesionais da saúde e continuarán loitando para garantir que estes poidan desenvolver o seu traballo en condicións dignas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.