RGPD - Cookies
Vigo al minuto

Colapso da Atención Primaria en Vigo: reclaman a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade

Seis centros de Saúde da cidade xa non atenden pacientes

Colapso da Atención Primaria en Vigo: reclaman a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade

O BNG vén de solicitar a convocatoria urxente dun Pleno extraordinario do Parlamento de Galicia no que compareza o conselleiro de Sanidade. A petición faise diante da gravísima situación de colapso na que se atopa a Atención Primaria, en especial na área sanitaria de Vigo”.

Seis centros de saúde de Vigo xa non atenden pacientes

Neste sentido, a portavoz de Sanidade do Bloque, Montserrat Prado, cualifica de “inaceptable” a decisión de suspender a actividade asistencial e deixala reducida a casos COVID e urxencias en 14 centros de saúde da área sanitaria viguesa- 6 deles na propia cidade-.

Risco para persoas con outras patoloxías

Prado subliña que esta decisión “deixa aos profesionais vendidos» e sen mans para atender tanta demanda. Ademáis, supón “un grave risco para a saúde das persoas con outras patoloxías«, que quedan sen atender.

Por último, aumenta “a desesperación de profesionais» , transferindo a presión a PACs e Urxencias hospitalarias, que xa están ao límite.

Consecuencia dos «recortes» na Sanidade

“O BNG ten moi claro que esta dramática situación é consecuencia de 12 anos de recortes e de non tomar medidas«. Son 12 anos de «desestimento do PP á hora de actuar”, sinala a deputada.

Para Prado, tal e como denucniaron tamén os profesionais, “a improvisación e a falta de planificación que ten caracterizado ao Goberno de Núñez Feixóo durante toda a pandemia volve a poñerse de manifesto”.

A saúde das persoas non pode agardar

A deputada nacionalista considera urxente a comparecencia do conselleiro Julio García Comesaña para que dea conta “de cal é a alternativa que lle dá á cidadanía para ser atendida porque -recalca- a saúde das persoas non pode agardar”. 

También te puede interesar