RGPD - Cookies
Galicia Sucesos

2022 comeza sen mortos nas estradas galegas

Os 29 accidentes de tráfico da fin de semana deixaron 34 feridos

2022 comeza sen mortos nas estradas galegas

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 34 persoas, debido a 29 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas desde as 3 da tarde do venres, 31 de decembro, ata as 12 menos un minuto da noite do domingo, 2 de xaneiro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 38 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Os recursos sanitarios mobilizados foron 33. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en 6 accidentes; as ambulancias asistenciais de soporte vital básico mobilizáronse en 25 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 2 accidentes.

En 26 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios e en 8 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente.

También te puede interesar