Destacados Vigo al minuto

Vigo entre os concellos que recibirán axudas do Goberno dentro da Axenda Urbana Sostible

Para a elaboración de Plan de Acción Local

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, destacou hoxe que nove concellos de Galicia servirán de exemplo para o resto de España na implementación da Axenda Urbana sostible.

Estes municipios forman parte das 121 propostas admitidas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, que recibirán unha subvención para a elaboración de proxectos piloto de Plans de Acción Local da Axenda Urbana Española.

En concreto, o Ministerio concedeu estas axudas aos concellos galegos de Paradela, Tui, As Pontes, Lalín, Santiago de Compostela, Lugo, Pontevedra, A Coruña e Vigo. O importe total das axudas ascende a 1.500.000 euros e o reparto por concello realízase por tramos de poboación, entre os 50.000 euros a Paradela (menos de 5.000 habitantes) ata os 250.000 euros a A Coruña e Vigo (máis de 250.000 habitantes).

José Miñones detallou que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana lanzou esta convocatoria de axudas o pasado mes de setembro e que recibiu un total de 233 solicitudes a nivel nacional, das que seleccionou 121, repartidas en grupos de municipios segundo a poboación.

Os concellos seleccionados deberán presentar estos proxectos piloto antes de setembro de 2022 e estes documentos servirán de modelo e guía para que outras entidades locais poidan elaborar os seus propios plans de axenda urbana con certezas e eficacia.

Este Programa de axudas forma parte do Compoñente 2 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, denominado «Implementación da Axenda Urbana Española: Plan de rehabilitación e rexeneración urbana”, que é un dos tres compoñentes que lidera o Ministerio de Transportes.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.