Comarcas

Aberta a inscrición para a Ludoteca de Nadal do Concello de Nigrán

Destinada a nenas e nenos de 3 a 12 anos, ten un custo de 10€

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza como cada ano a «Ludoteca de Nadal 2021″ co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

Nenas e nenos de 3 a 12 anos

O campamento ten un custe de 10 € e está destinado a nenos e nenas entre 3 e 12 anos e desenvolverase dende o día 22 de decembro ata o día 5 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:30 horas.

Inscrición

O período de inscrición comezou este luns, día 29 de novembro e finaliza o xoves 9 de decembro. A ludoteca terá lugar no Colexio Humberto Juanes. Os formularios de inscrición poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na http://sede.nigran.org/

Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse a Oficina de Atención Cidadá. Tlf: 986 365000, correo electrónico: [email protected].

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.