Comarcas

Nigrán estrea en decembro a súa primeira escola municipal de teatro

As inscricións poden facerse xa o xoves e venres

O Concello de Nigrán amplía a súa oferta cultural creando unha nova escola municipal de artes escénicas a través da compañía local Teatro do Ar.

Aberta a inscrición

Deste xeito, os interesados en participar neste proxecto aberto a todas as idades poden inscribirse este xoves e venres (25 e 26 de novembro) de 10:00 a 13:00 no Auditorio Municipal, tendo o curso un custe total de 75 €. As clases arrancarán na vindeira semana (serán os xoves e venres) e o número de prazas é de 80 divididas en 6 grupos de idade (10 para nenos e nenas de 3 a 5 anos e 15 para os grupos de 6 a 11 anos, de 12 a 18 e de 18 en diante).

As prazas irán cubríndose por orde de solicitude, estando pendurada na web municipal toda a información. O grupo Teatro do Ar creou un vídeo promocional nas súas redes que pon en valor patrimonio natural do Concello e na que os interesados poderán coñecelos mellor.

Nigrán, co teatro

O teatro leva sendo un habitual nas programacións culturais de Nigrán dos últimos anos e o Concello tomou boa nota, por iso lanza xunto ao grupo local, Teatro do Ar, unha nova escola que se suma a música, pintura ou cerámica. O alcalde, Juan González, anima á veciñanza «a sumarse a unha escola innovadora, formada por xente de Nigrán, e aberta a todas as idades», ao tempo que afirma que o Auditorio Municipal sempre estará «dispoñible para poder desfrutar dos resultados da súa aprendizaxe coas súas actuacións».

Grupos dacordo coa idade do alumnado

A escola estará dividida en grupos segundo a idade e o nivel do alumnado, haberá clases para nenos e nenas de 3 a 5 anos e de 6 a 11 anos, para mozos e mozas de 12 a 18 e para adultos.

O profesorado estará formado por membros de Teatro do Ar, entre eles un mestre de Estudios Superiores de Teatro, unha graduada en interpretación e con experiencia en teatro e televisión, un actor que ten nas súas costas aparicións en películas e series, dúas actrices especializadas en traballar con nenas e nenos e un escritor e dramaturgo.

Pedro Rodríguez, director de Teatro AR, agradece ao Concello «a súa aposta polas artes escénicas» e avisa á veciñanza de Nigrán que «quen empeza no teatro adoita a volverse adicto aos escenarios». Ademais engade que «creamos unha escola na que aprenderemos a ser actores e actrices, pero que tamén nos axudara a mellorar na nosa vida diaria reducindo a nosa timidez, axudándonos a falar en público, aprendendo a traballar en grupo e mellorando a nosa memoria».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.