Galicia

Feijóo advirte: tomará as medidas que considere «oportunas» ante o aumento dos casos de COVID

Alerta da falla de prudencia en zonas de lecer e espazos pechados

O presidente do Goberno galego advertiu hoxe que tomará as «decisións» que o grupo de expertos clínicos que o asesora en materia da pandemia considere «oportunas» para frear o aumento dos casos de COVID, que superan xa os 1.200 en toda Galicia e levan aumentando trece días seguidos.

Feijóo, quen reivindicaou o traballo feito en Galicia contendo a incidencia e tamén na vacinación, fixo estas declaracións esta mañá, após reunirse coa ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto e declarándose «tranquilo» sobra a incidencia da COVID con respecto a Europa e España, pero non á propia Galicia.

Falla de prudencia

O presidente apuntou que este outono vai medrar a incidencia da enfermidade porque, salientou, «non se está sendo prudentes nas zonas de lecer e en espazos pechados que é onde se necesita un mínimo de distancia e máscaras».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.