Ciencia y Tecnología Destacados

Naturnova Vigo abre de novo o luns, día 15

A grupos de escolares, con reserva previa

Naturnova Vigo abre de novo o luns, día 15

Naturnova, o centro de educación ambiental de Afundación en Vigo, abrirá as súas portas a partir do 15 de novembro a grupos de escolares con reserva previa. Desde o 4 de decembro, ademais, tamén poderá ser visitado por público xeral todos os sábados en horario de 17.30 a 20.30 h. Máis de 1.500 escolares xa contan coa súa visita programada e estas singulares instalacións.

Qué é Naturnova?

Trátase dun Centro Interactivo de Educación Ambiental aberto ao público desde o 5 de xullo de 2003. Trata de presentar de forma clara e resumida o medio ambiente, un mundo repleto de curiosidades, a todas aquelas persoas interesadas en darlle a man a algo tan atractivo como é a Natureza.

O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo e a difusión da súa importancia, co fin de aprender a valoralo, respectalo e querelo. A visita ofrece a posibilidade de gozar de máis de 30 módulos relacionados coa ciencia, o medio ambiente e a sostibilidade, o espazo e o noso planeta Terra. Entre os módulos poderanse ver dinosaurios en realidade aumentada, crear paisaxes coa sandbox ou mesmo ver como se forma un tornado. Ademais de mergullar nos fondos mariños galegos dentro do simulador de submariño.

De imaxes virtuais a recreación de ambientes

Así, Naturnova permite ao visitante, a través de módulos interactivos, explorar moitos e variados temas dunha forma activa e lúdica. A información preséntase mediante imaxes virtuais, obxectos, cheiros, recreación de ambientes, mapas… Todo iso axuda a descubrir facilmente o mundo desde o global, ata o máis próximo.

O percorrido comeza cunha visión do universo, a nosa galaxia e o sistema solar para introducirnos, a continuación, no noso planeta. Del aprenderanse todos os elementos que condicionan a vida (o solo, a auga, o aire…) e tamén os seres vivos. Finaliza coa relación do ser humano co medio: como utiliza os recursos, como afecta a contorna ao usalos, e como, actualmente, trata de solucionar os problemas que ten creado.

Orientadas aos diferentes grupos de idade, puxéronse en marcha diferentes didácticas para escolares nas que trataremos temas como: as consecuencias que ten o mal uso dos plásticos nos nosos ecosistemas; aprender sobre a estrela máis próxima, o sol; o mesmo converterse nun detective do espazo, experto nos astros do noso sistema solar.

También te puede interesar