Galicia Sucesos

Investigan ao dono dunha leira na que apareceron 2.500 plantas de marihuana

O peso das plantas era de 900 quilos

Simplemente María

O dono dunha leira no concello de Outes está investigado como presunto autor dun delito contra a Saúde Pública logo de que apareceran na súa finca 2.500 plantas de marihuana.

Autorizada a plantación de ‘cáñamo industrial’

Axentes da Patrulla Fiscal e de Fronteiras (PAFIF) da Garda Civil comprobaron que no terreo, duns 2.300 m2 de superficie había esta plantación que, supostamente, estaba amparada por unha autorización para producir cáñamo industrial.

Logo de recoller varias mostras das plantas para a súa remisión ao laboratorio, comprobouse que a porcentaxe de THC, que non pode ser maior ao 0,2% para a consideración de cáñamo industrial triplicaba esta porcentaxe. Foi por iso, e logo de certificar que tampouco tiña a autorización da Axencia Española do Medicamento, que cortaron as plantas que, en total, tiñan un peso de 900 quilos.

También te puede interesar