Cultura

Persoeiros comprometidos coa cultura galega dan o seu nome aos parques infantís de Redondela

Seoane e María Miramontes

A Concellería de Normalización Lingüística de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, continúa desenvolvendo a iniciativa posta en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística (SLN) tendente a dar visibilidade –neste caso entre os máis pequenos e pequenas– aos homes e mulleres que amosaron o seu compromiso coa lingua e cultura galegas.

Así, as áreas infantís do municipio dotaranse de paneis informativos nas que figurará unha reseña biográfica das persoas que dan nome a cada un dos parques.

Seoane e María Miramontes

No caso de Cabeiro, no parque situado fronte ao CEIP Porto Cabeiro, a figura escollida foi a de Luís Seoane, escritor, editor e pintor exiliado en Arxentina. Dente o outro lado do Atlántico levou adiante numerosas e importantes iniciativas a prol da cultura galega e puxo en marcha, xunto a Isaac Díaz Pardo, o Laboratorio de Formas que sería o xermolo de Sargadelos.

Pola súa banda, o parque do Piñeiral do Creo, en Chapela, foi dedicado a María Miramontes, compañeira de Ánxel Casal, editor da editorial Nós e alcalde de Compostela fusilado no 36. Cómpre salientar que María Miramontes foi esquecida durante moito tempo e o seu nome no se unía ao traballo da imprenta cando, na realidade, era ela a encargada de coser os libros xa que, de profesión, era costureira. Tralo asasinato do seu home, exiliouse a Arxentina.

Hai que destacar, neste caso, a localización do parque que leva o seu nome: a carón da Biblioteca Xela Arias, para que así a súa memoria quede ligada aos libros.

Digna Rivas, que agradeceu o traballo realizado polo Servizo de Normalización Lingüística, lembrou a importancia desta iniciativa que vai permitir «que as máis pequenas e pequenos poidan coñecer ás mulleres e homes que, na súa vida, traballando por protexer e difundir a nosa lingua e a nosa cultura».

Rivas insistiu na necesidade que as Letras Galegas «non queden cinguidas a un só día, senón que sexan unha constante ao longo de todo o ano» e lembrou que Redondela, «como Concello pioneiro en normalización lingüística, ten a obriga de seguir sendo un exemplo».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.