Cultura Vigo al minuto

A Xunta licita por 1 millón de euros a rehabilitación integral do IES San Tomé de Freixeiro

As obras empezarán nun mes

A delegada da Xunta en Vigo visitou hoxe o IES San Tomé de Freixeiro que a partir do vindeiro mes de novembro, segundo a data adiantada pola representante autonómica, someterase a unha rehabilitación integral por importe de 1 millón de euros.

Esta intervención que ven de ser licitada, en palabras de Fernández-Tapias, suporá unha importante mellora desde o punto de vista enerxético, e ten como obxectivo dar resposta ás problemáticas que viñan suscitando as súas instalacións.

Carpintería, aseos, illamento, calefacción e seguridade

Para resolvelas, está previsto mudar toda a carpintería exterior e o sistema de impermeabilización, mellorar o illamento e acometer diferentes traballos de reparación. Asemade, contémplase a renovación das caldeiras de calefacción, do saneamento e ventilación do soto e a instalación de novos sistemas de seguridade contra incendios. Xa por último, adaptaranse os aseos das plantas 1 e 3 para persoas con mobilidade reducida e instalarase unha soleira baixo o escenario do salón de actos.

A delegada apuntou que «Vigo é a cidade con maior investimento educativo de Galicia, máis de 25 millóns de euros desde 2009″, e explicou que esta intervención enmárcase no paquete de 13 actuacións que a Xunta está a licitar na área por importe de 7,2 millóns de euros.

Ademáis, engadiu, os orzamentos autonómicos para 2022 recollen os 1,2 millóns de euros comprometidos para a anunciada reforma integral do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Asemade, detallou, recóllese unha partida específica de 150.000 euros para a redacción de tres proxectos de ampliación nos CIFP Manuel Antonio, CIFP Valentin Andrade e o IES de Navia. Respecto a este último centro, Fernández-Tapias, recordou que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade mantense á espera de que o Concello de Vigo poña a disposición os terreos necesarios para a construción da que, dixo, «será a grande obra en materia educativa na cidade nesta lexislatura».

Por último, a delegada avanzou que este ano remátanse ou recíbense outras tres obras en centros da zona, por importe de máis de 1,5 millóns de euros, entre elas a rehabilitación integral do IES Santa Irene, as cubertas do instituto Castelao ou a ampliación do IES de Salvaterra de Miño.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.