Deportes Vigo al minuto

O BNG de Vigo urxe actuar diante da «desastrosa xestión» das pistas de atletismo de Balaídos

Apunta a que «os e as atletas en Vigo sofren o desleixo e o abandono» de Abel Caballero e Manel Fernández

O Bloque Nacionalista Galego volveu urxir ao Concello a actuar diante do que cualifican como «desastrosa xestión» das pistas de atletismo de Balaídos. Critican as trabas «inxustificadas e absurdas» que se lle impoñen ás persoas que queren practicar atletismo na cidade e denuncian os efectos da privatización da xestión das pistas.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, considerou «inaceptábel que o maior e máis importante obstáculo que teñan que sortear os e as atletas en Vigo sexa o desleixo e o abandono que sofren por parte do Goberno municipal de Abel Caballero».

Caos

Igrexas responsabiliza o Goberno local da situación de caos que se vive na pistas de atletismo de Balaídos, e que xa foi denunciada polo Bloque o pasado mes de xullo. Neste sentido, reiteran as súas críticas pola falla de mantemento das instalacións que as fan «impracticábeis» e as deficiencias reiteradas no sistema de reserva de uso das propias pistas.

«Temos un aplicativo web para reserva das instalacións que está máis tempo caído que operativo, o que provoca situacións dantescas como as vividas en datas recentes, nas que a Policía Local tivo que desaloxar a deportistas que querían acceder mentres as pistas só eran utilizadas por 30 das 150 persoas que ten como capacidade autorizada», sinalou Igrexas.

O portavoz municipal nacionalista insistiu tamén na «irracionalidade» de manter a esixencia de ficha federativa para poder facer uso das pistas de atletismo. Un requisito que non se aplica noutras instalacións deportivas municipais como as piscinas.

«Maltrato» aos atletas

Para o BNG a situación das pistas evidencia o «maltrato» que o Goberno de Abel Caballero aplica contra os e as atletas da cidade, e que ten por causa a «nula xestión da concellaría de Deportes dirixda polo edil Manel Fernández», a quen esixiu unha «rectificación urxente».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.