Cultura

Redondela adía ata o 1 e 2 de outubro o Festival de Artistas de Rúa e o Shopping Day

Ante a mala previsión meteorolóxica da fin de semana

O Concello de Redondela vén de anunciar hoxe o adiamento do XXII Festival de Artistas de Rúa e os Shopping Days que tería que desenvolverse este venres 24 e sábado 25 de setembro. As malas previsións meteorolóxicas para a fin de semana obrigan ao Concello e a Asociación de Comerciantes de Redondela a aprazar a cita para os vindeiros 1 e 2 de outubro.

Mantense o espectáculo de ‘Tiritantes’

Para esta fin de semana, tal e como explica a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, «tan só mantense o espectáculo da compañía Tiritantes, chegada de Burgos co seu espectáculo Ulterior, a viaxe o sábado 24 ás 18 horas«

A alcaldesa, Digna Rivas, subliñou que, coas malas condicións meteorolóxicas previstas para a fin de semana, as dúas citas «quedarían totalmente desvirtuadas ao ser eventos para vivir nas rúas, cousa que a choiva faría pouco menos que imposible».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.