Vigo al minuto

A Deputación dalle a benvida a setembro con 14 propostas culturais en nove concellos

Cine, música ou natureza, entre as actividades para estes días

O mes do setembro non fai que a cultura e o deporte decaian na provincia, de feito, esta semana a Deputación ten programadas ata 14 accións para un total de nove municipios. Os concellos do Grove, Porriño, Tui, Vila de Cruces, Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Gondomar e Bueu acollerán actividades dos programas Rías Baixas Film Fest, “Musigal”, “Música no Ar”, “Bosques Terapéuticos”, “Voando nas Rías Baixas” e “Depo Orienta”. Ademais, a exposición do ente provincial “A gaita na música tradicional galega”, estará aberta ao público nas Xornadas Etnográficas do Morrazo ata o 11 de setembro.

Rías Baixas Film Fest 2021

O prato forte da programación cultural desta semana marca o seu inicio este xoves 2, coa apertura do primeiro dos “Rías Baixas Film Fest” 2021. Terá lugar ás 20.00, coa inauguración do Festival de Cans, e estará marcada pola proxección do filme “Donde acaba la memoria”, do vigués Pablo Romero co protagonismo do hispanista Ian Gibson.

Cine, cine, cine, más cine, por favor

Ata decembro, o emblema audiovisual da Deputación completará o seu cartel cos festivais FicBueu (10-19 setembro); Primavera do Cine (7-12 setembro); Play-Doc (22-26 setembro); Festival de Cine Inclusivo (12-16 outubro); Galician Freaky Film (29-2 outubro) e Novos Cinemas (14-19 decembro).

Venres, 3

En Cans este venres terá lugar ás 12.30 en Porriño un coloquio aberto ao público con Ian Gibson e, unha hora máis tarde, a colocación da Estrela que se lle dedica no Torreiro. Pola noite, ás 21.00, “Musigal” amenizará a noitada no concello do Grove coa actuación de Budiño; e na Igrexa de Bouzas en Vigo se proxectará ás 21.30 a película “María Soliña”.

Sábado,4

O sábado iniciarase ás 10.00 en Tui cun itinerario enmarcado no programa “Bosques Terapéuticos”. A ruta do Monte Aloia percorrerá o Parque Natural da Serra do Galiñeiro, cuxa atalaia acada os 700 metros de altura e conta con máis de 5 miradoiros con extraordinarias vistas sobre o río Miño.

No terreo musical, ás 21.30, “Musigal” achega o concerto de Balbino ao municipio de Vila de Cruces. Máis tarde, ás 22.30, celebrarase a Gala Final e entrega de premios do Festival de Cans, que contará coa actuación musical de SÉS.

Domingo, 5

Finalmente, o domingo 5, comezará ás 9.30 en Cerdedo-Cotobade cunha nova actividade ornitolóxica de “Voando nas Rías Baixas”, que se desenvolverá na Serra de O Cando.

Ás 10.00 terá lugar outra ruta de “Bosques terapéuticos” da Deputación, esta vez en Ponte Caldelas. O Sendeiro Azul do río Verdugo, unha ruta de máis de 1,8 quilómetros de dificultade baixa, consistirá nunha senda circular que parte da praia fluvial da Calzada e transcorre ás beiras do río enxalzando os seus valores naturais e paisaxísticos, entre os que sobresaen as pontes e muíños.

Tamén as 10.00, o programa provincial “Depo Orienta”, que ten como obxectivo que os seus/as participantes realicen no menor tempo posible e a contra reloxo un percorrido marcado no terreo coa única axuda dun mapa, ofrece a primeira das súas rutas no Monte Galiñeiro.

Ás 19.00, a Praza do Concello de Campo Lameiro acollerá o concerto de Manoele de Felisa. Por último, ás 21.30 terá lugar no auditorio de
Gondomar o concerto de Suelen Estar Quartet
, enmarcado na programación de “Música no Ar”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.