Galicia Vigo al minuto

A Xustiza autoriza os límites nas reunións e o ‘toque de queda’ de madrugada

O Tribunal Superior de Galicia aprecia un “perigo para a saúde da poboación”

A Xustiza autoriza os límites nas reunións e que estean prohibidas de madrugada

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou á Xunta a limitar o número de persoas que se poden reunir en espazos públicos ou privados -6 en interiores; e 10 en exteriores.

Tamén permite ‘ o toque de queda’: prohibir reunións entre non conviventes entre as 03:00 e as 06:00h. e, no caso dos concellos con máis incidencia de 01:00 a 06:00h.

Os maxistrados entenden que as medidas incluídas na orde, que entrará en vigor ás 00.00 horas deste sábado, son “idóneas, necesarias e proporcionadas” para conter a expansión da COVID-19.

Perigo para a saúde da poboación

A Sala considera que o Goberno galego xustificou a existencia dun “perigo para a saúde da poboación”. O mesmo pode verse agravado se esas medidas non se adoptan, así como que “carece doutros medios menos agresivos para afrontalo”. Ademais, destaca que as medidas “responden a unha situación clara de incremento do virus” e asegura quenon teñen un impacto significativo no dereito de reunión, máis necesitado de control no horario nocturno, frecuentado en maior medida polos mozos, máis proclives ao contacto social”.

Informe epidemiolóxico

Para autorizar as limitacións, os xuíces tiveron en conta un informe conxunto elaborado pola subdirectora xeral de Información sobre Saúde e Epidemioloxía e por unha experta universitaria en vacinas, o cal ampara as medidas debido “á evolución negativa da situación epidemiolóxica e sanitaria” da comunidade.

“Porcentaxe de positividade progresiva”

Tamén examinaron os gráficos da evolución dos contaxios en cada concellos nas dúas últimas semanas. Entenden que os mesmos revelan “un preocupante incremento na transmisión da infección” e a existencia “dunha porcentaxe de positividade progresiva”.

Así, indican que, na primeira semana, a incidencia acumulada se situou en 278 casos por cada 100.000 habitantes, para pasar, nos seguintes sete días, a 418.

Os datos do informe tamén reflicten “o incremento das hospitalizacións e dos ingresos nas unidades de críticos” e a situación epidemiolóxica de todos os concellos e comarcas

As de maior incidencia negativa, segundo o auto, son as de Vigo, Pontevedra; O Baixo Miño; Valdeorras; Ourense; O Carballiño; A Mariña; Terra de Melide e Barbanza.

También te puede interesar