Destacados Vigo al minuto

En Vigo poden abrir casinos e bingos e a Xunta autoriza concertos con 2.500 persoas

Tamén permítese servizo de terraza nos locais de lecer nocturno

Ademáis das medidas adiantadas polo presidente Feijóo e publicadas en vigoalminuto, os casinos e bingos de Vigo poderán abrir e están permitidos concertos con ata 2.500 persoas. Ademáis, admítese que o lecer nocturno abra as súas terrazas ata as 01:00h.

Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) bis que establece as restricións que empezan a aplicarse en Galicia ás 00:00h. deste sábado, día 24.

Concertos en todos os concellos

O Goberno de Galicia permite a celebración de concertos en todos os concellos, sempre co público sentado. No caso dos concellos con incidencia alta– como Vigo, Baiona, Gondomar, Nigrán O Rosal e Tomiño– non poderán superar as 2.500 persoas nin o 50% da súa capacidade.

Vodas

En vodas e eventos contratados en restaurantes para esta fin de semana, permítese manter a previsión que tiñan se o concello onde se vai a celebrar aumenta o nivel de restricións.    

Lecer nocturno

Así mesmo, a Xunta permite a apertura dos establecementos de lecer nocturno nos concellos cos niveis máis altos de restricións. Iso sí: só poderá haber servizo nas terrazas, non no interior.

Casinos, bingos, salóns recreativos ou tómbolas

Os casinos, bingos, salóns recreativos ou tómbolas abrirán, pero non poderán superar 50% da súa capacidade. Ademais, coma na hostalaría, será obrigatorio presentar un certificado de vacinación, superación da enfermidade ou PCR negativa.

O BNG de Vigo pide ao alcalde máis restricións

O Bloque Nacionalista Galego demandou ao Goberno de Vigo novas restricións ou o adiamento de eventos con grande afluencia de público.

Para o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, os datos sanitarios son «moi preocupantes» e esixen despregar medidas adicionais para conter o avance do virus.

Igrexas apunta que «nas últimas horas produciuse o maior incremento de casos de Covid19 desde o inicio da pandemia, con 367 novos positivos«. Diante desta evolución, subliña, «non podemos ollar para outra parte ou facer como que non pasa nada», explicou

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.