Comarcas

O director lucense Jorge Coira, Premio Pedigree do Festival de Cans

Ademáis é guionista e recibiu o Goya á mellor montaxe en 2016

O director lucense Jorge Coira, Premio Pedigree do Festival de Cans

O director lucense Jorge Coira recibirá o Premio Pedigree do Festival de Cans. A asemblea da Asociación Cultural Arela, que organiza o Festival, acordou conceder a distinción de Honra a Coira (Rábade, 1971).

A organización do certamen considera ao director “unha figura fundamental no desenvolvimento do audiovisual galego nos últimos vintecinco anos“. Coira recibirá o Can de Pedra e colocará a súa estrela no Torreiro das estrelas no marco do XVIII Festival de Cans, que terá lugar entre o 1 e o 4 de Setembro.

Desde mediados dos anos 90, Jorge Coira desenvolveu unha intensa carreira, primeiro como curtametraxista, e posteriormente como guionista, montador,e director de series de televisión e longametraxes, na maior parte dos casos desenvolvendo uns códigos cinematográficos en clave galega.

Premio Goya 2016

Desde que comezara hai 25 anos dirixindo unha curta emblemática como “O Matachín”, protagonizada por Luís Tosar, Coira continuou asinando longametraxes como as premiadas “18 Comidas” e mais recentemente “Eroski Paraíso”, que co- dirixiu xunto a Xesús Ron, ademais de dirixir a exitosa serie “Hierro”, que recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Ondas á mellor serie de televisión. En paralelo, Jorge Coira desenvolveu unha reputada carreira como montador, que o levou a conseguir en 2016 o Premio Goya ó mellor montaxe, polo filme “El Desconocido”, dirixido por Dani de la Torre.

O Festival de Cans quere recoñecer tamén con este premio a Jorge Coira, a súa traxectoria e implicación nas asociacións profesionais galegas, a través de entidades como a Academia Galega do Audiovisual ou CREA, a Asociación de Realizadoras e realizadores galegos, da que foi presidente e desde a que impulsou no seu día un acordo de colaboración co Festival de Cans.

También te puede interesar