Ciencia y Tecnología Galicia

Ecoloxistas presentan aos concellos das Rías Baixas un manual para a limpeza de praias

Alertan do uso de maquinaria pesada e da retirada das algas

Ecoloxistas presentan aos concellos das Rías Baixas un manual para a limpeza de praias

Ecoloxistas en Acción vén de presentar a todos os concellos das Rías Baixas un manual de recomendación para realizar unha limpeza das praias de xeito respectuoso co medio ambiente.

Os ecoloxistas agardan que os concellos atendan as súas recomendacións e deste xeito “rematar con prácticas moi agresivas para a biodiversidade dos areais”.

A limpeza non debe supoñer un impacto negativo nos ecosistemas

Hoxe, a sociedade do lecer actual xera unha gran presión sobre os areais, moito máis intensiva coa chegada da época estival. E no verán cando máis se esixe por parte dos usuarios unha adecuada calidade hixiénica da area e da auga. Con todo, esta a limpeza non debe supoñer un impacto negativo ao ecosistema natural litoral. O uso de maquinaria pesada (pas escavadoras e máquinas cribadoras), provoca unha redución dos sedimentos e altera a biodiversidade.

Algas

As algas e fanerógamas, que ás veces son consideradas como sucias e molestas, “son o hábitat e o alimento de gran número de especies de pequeno tamaño“. A súa existencia depende totalmente da chegada dos  arribazones posto que as praias carecen de vexetación. Ademais, son a base de todo un sistema e unha pirámide trófica. Son o alimento de numerosos invertebrados, como crustáceos, insectos e outros grupos que non supoñen ningún risco para a saúde humana, apuntan desde Ecoloxistas en Acción.

Tamén supoñen a fonte de alimento de distintas aves de enorme interese ecolóxico. Algunhas delas están en risco de desaparición en Galicia como o Chorlitejo patinegro (Charadrius alexandrinus).

Impacto do uso de medios mecánicos

A limpeza mecanizada das praias de forma exhaustiva e sen aplicar criterios  geomorfológicos e ambientais de xestión reduce a biodiversidade costeira, altera os perfís de praia e provoca unha perda de sedimentos.

A  compactación producida polo paso da maquinaria pesada favorece a entrada da ondada, incrementando os procesos  erosivos. Doutra banda, a limpeza mecanizada desestabiliza o pé de noiro de en zonas dunares, coa consecuente eliminación vexetal, facilitando a acción directa do vento no seu proceso erosivo. Ademais, a retirada de  plantones afecta negativamente as dunas embrionarias.

Retirada manual das algas

A todo isto, únese a retirada involuntaria dun gran volume de area retida polas algas, ao recoller estas de forma mecánica. Aconséllase que as algas se retiren de forma manual, pero nunca con medios mecánicos. En caso da total retirada das algas, sería aconséllase depositalas nalgún lugar outro lugar da mesma praia.

“O concepto de sucidade non pode asociarse á presenza dos  acúmulos de algas que cumpren un notable papel ecolóxico. Trátase de ver as praias como enclaves naturais que teñen a súa propia dinámica biolóxica, e non como meras extensións de area case estéril.” -resalta Ana Prado, bióloga e voceira da área marina de Ecoloxistas en Acción

También te puede interesar