Galicia Vigo al minuto

Os Bombeiros de Vigo sen garantías de operatividade este verán

Este sábado só había un efectivo para incorporarse á garda das 10 da noite

Bombeiros de Vigo

Os Bombeiros de Vigo non teñen garantías de operatividade este verán. O Bloque Nacionalista Galego denuncia que este sábado só había un efectivo para incorporarse á garda das 10 da noite. O BNG critican a inacción do Goberno local e instano a rectificar e «deixar de xogar coa seguridade das viguesas e vigueses».

Xabier P. Igrexas, concelleiro do Bloque de Vigo, expresou hoxe a súa «profunda preocupación» pola falla de garantías de operatividade no servizo de bombeiros. O edil fíxose eco da denuncia sindical de que este sábado a falla de persoal volveu comprometer a capacidade de actuación. «Diante desta situación o único que decidiu a área de Seguridade, que dirixe Elena Espinosa, foi tentar forzar a continuidade doutros dous bombeiros que xa viñan de facer gardas de 24h» reprochou.

Demandan explicacións a Elena Espinosa

Desde o BNG demandarán explicacións á concellaría de Seguridade e instan a rectificar e adoptar medidas para asegurar a plena operatividade do servizo de bombeiros durante o verán. «Teñen que deixar de xogar coa seguridade das viguesas e vigueses», enfatiza Igrexas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.