'Qué te cuentas?' Ciencia y Tecnología

Veciños de Teis denuncian o abandono da Praia da Punta

Aseguran que o alcalde fai anuncios que non se concretan en nada

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse, de novo, ao alcalde e a Directora Xeral de Sostenibilidade da Costa e do Mar, para esixir a mellorara da praia da Punta e o seu entorno.

A praia da Punta, é o areal máis importante con que conta Teis. Ademais, a praia esta en contacto co paseo marítimo e co parque público da ETEA, polo que «é un dos lugares de lecer máis importantes de Vigo nos meses de verán».

Importantes deficiencias

A praia da Punta, presenta varias deficiencias xa denunciadas pola Asociación. Entre elas: a rampla de acceso esta afundida; o mal estado da torre de vixilancia ou a falla de firme no paseo marítimo.

Este areal ten un problema espazo: queda moi reducido o areal cando a marea esta alta, o que provoca que a veciñanza téñase que colocar no entorno.

Por iso, os veciños propoñen para gañar espazo que se acondicione unha superficie entre o paseo marítimo e o parque público. «Na actualidade este espazo esta descoidado, cun terreo irregular e con vexetación».

Ademais, poderíase acondicionar o peirao lindeiro coa praia. Este peirao xa o utiliza a veciñanza, aínda estando no estado actual. Esta proposta trasladouse ao servizo provincial de Costas, hai mais de dous anos.

Torre de vixilancia

Tamén é necesario acondicionar ou desmontar a torre de vixilancia existente, ao supor un perigo pois está moi deteriorada, e xa houbo algúns desprendementos de pezas metálicas.

Esta Asociación é favorábel a construír o espigón que permita recuperar area na praia da Punta, pero coa realización previa de estudos técnicos. «Non estamos dispostos a outra barbaridade como a decisión de depositar areal en agosto de 2010, que foi un absoluto fracaso e dilapidar diñeiro público».

O «acordo histórico» entre Costas e o Concello de Vigo de 2019

O 30 de xaneiro de 2019, Abel Caballero, anunciaba un «acordo histórico» con Costas, para recuperar a fachada marítima de Vigo, incluíndo entre estas actuacións a praia da Punta. «Despois de dous anos deste acordo, non houbo ningunha actuación nesta praia».

«Unha vez máis estamos diante de anuncios e fotos, que logo non se concretan en nada». É urxente mellorar os espazos e o entorno da praia da Punta, indican os veciños. O seu estao non é aceptábel, indican, considerando que, ademais, ten unha bandeira azul.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.