Comarcas

Tomiño súmase á rede galega ‘Praias sen fume’ e pide non fumar na de Goián

O Concello convida á cidadanía a realizar unha enquisa sobre o tema

O Concello de Tomiño vén de adherirse á rede galega de ‘Praias sen fume’. Por este motivo, o areal da praia fluvial de Goián manterase a partir de agora libre de cabichas e de malos fumes.

«Non pretendemos recadar, senón educar e concienciar»

A medida ten, sobre todo, un fin educativo e de sensibilización social, razón pola que non haberá sanción polo incumprimento. «Xa que non pretendemos recadar, senón educar e concienciar, non sancionaremos, apelando en todo caso á responsabilidade  cívica de cada persoa», explican dende o Concello.

A medida busca evitar, ademais da evidente molestia para as persoas non fumadoras, o feito de atoparse con cabichas na área, ou que as nenas e os nenos vexan natural o feito de fumar diante deles, normalizando un hábito prexudicial para a saúde.

Enquisa entre os veciños

Paralelamente á toma da decisión, o Concello convida á cidadanía a realizar unha enquisaentrando aquí– co fin de coñecer a súa opinión respecto do tema.

«Toda prohibición acostuma xerar enfrontamento na opinión pública; non é o que pretendemos e por iso nos interesa coñecer a opinión das persoas que utilizan a praia de Goián», comentan.  

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.