Destacados Vigo al minuto

Alumnos do Politécnico recuperan en 3D a maqueta do ‘Gran Vigo’ de Palacios

O presidente Feijóo anuncia a inversión de 8 millóns no novo instituto de Navia

Alumnos do Politécnico recuperan en 3D a maqueta do 'Gran Vigo' de Palacios

Imaxes: Ana Varela/Os alumnos de Mecanización do Politécnico comezaron a recuperar, mediante técnicas de impresión 3D, a maqueta do ‘Gran Vigo’, deseñado a comezos do século XX por Antonio Palacios.

Hoxe o presidente da Xunta estivo no centro e observou o traballo realizado. “Estamos a falar dunha iniciativa que nos vai permitir apreciar moitos detalles do plan [do Gran Vigo ]que Antonio Palacios deseñou”, dixo Feijóo.

O presidente salientou que o arquitecto quería facer de Vigo “a Barcelona do Atlántico. Feijóo engadiu que a nova maqueta será unha das pezas da exposición sobre Antonio Palacios que acollerá o Museo do Mar en setembro.

O presidente Feijóo hoxe en Vigo

O presidente reivindica a FP como “estratéxica” para a a recuperación económica

Feijóo reivindicou a Formación Profesional como unha opción educativa estratéxica de cara á recuperación económica.

No Politécnico, referiuse á FP como un factor fundamental de dinamización laboral, ao permitir o acceso ás novas profesións, a través dunha formación específica; orientada cara aos coñecementos máis creativos e prácticos, favorecendo o espírito emprendedor; e porque ofrece máis oportunidades laborais e un elevado nivel de empregabilidade, superando nalgúns casos máis do 90%.

Non en van, lembrou que nos últimos dez anos a matrícula en FP incrementouse en máis dun 60% ata chegar a máis de 56.000 alumnos, o que demostra o interese crecente da cidadanía por estas ensinanzas.

Compromiso da comunidade educativa

O titular da Xunta aproveitou a visita para agradecer e poñer en valor o “compromiso de toda a comunidade educativa” para afrontar o curso máis complexo da nosa historia. 

“Agradecemos esta vocación e o éxito acadado para, con todas as complexidades loxísticas, manter a presencialidade nas aulas. Fostes clave para non perder o curso”, incidiu.

Novo instituto Navia

O presidente concluiu a súa visita apuntando que en Vigo levarase a cabo este verán a reforma do Conservatorio Profesional de Música, cun orzamento de máis de 1 millón de euros; así como o inicio da construción do novo instituto en Navia, cunha achega total de 8 millóns de euros.

También te puede interesar