RGPD - Cookies
Comarcas

Porriño cancela o Campamento de Verán

É o primeiro concello que o fai

Porriño cancela o Campamento de Verán

Porriño cancela o Campamento de Verán. É o primeiro concello que o fai e o xustifica apuntando á «situación motivada pola Covid-19«.

A medida ten coma obxectivo, «preservar a saúde das nenas e nenos», apunta a concelleira de Igualdade, Cami Moreira, quen engade que «aínda non existen as garantías sanitarias suficientes nas actividades colectivas».

Moreira asegura que é moi difícil que se impida o contacto entre as pequenos, «xa que as actividades de interacción son a base da maior parte dos xogos nos campamentos».

Por todo iso, conclúe, «decidimos apostar pola prudencia e a seguridade, dos cativos, das súas familias e dos seus entorno máis próximos». O Concello agarda retomar a realización do campamento o ano que vén.

También te puede interesar