'Qué te cuentas?' Galicia

O alumnado maior de 12 anos podería vacinarse a primeira semana de setembro

Ainda non se sabe se a vacinación será nos propios centros educativos

O alumnado maior de 12 anos podería vacinarse a primeira semana de setembro

O Goberno quere que o alumnado maior de 12 anos comecen o curso coa vacina posta. Así o dixo a ministra de Educación, Isabel Celaá, nunha entrevista en TVE . Celaá apuntou que, por unha cuestión loxística, “para telos a todos reunidos”, poderían inmunizarse na primeira semana de setembro.

A ministra non confirmou se a vacinación será nos centros educativos: “esa cuestión lle corresponde ao Ministerio de Sanidade”, como o uso das máscaras nos centros.

Paso a Secundaria e Bacharelato con dous suspensos

Respecto ás críticas sobre a posibilidade de pasar de curso en secundaria e bacharelato con ata dúas materias suspensas, Celaá negou que estea a baixar a esixencia.

“Non é que esixamos menos, esiximos moitísimo máis, porque esiximos que o alumnado supere todos os obxectivos da etapa”. A minsitra cré que estase “a abusar da repetición” e hai que lograr detección precoz e reforzo para evitar chegar a esa medida.

Isabel Celaá rexeitou que as xuntas de avaliación vaian decidir de xeito discrecional ou para mellorar a imaxe do centro. Iso sí, sinalou que “hai algúns centros educativos que todos coñecemos que aproban máis que outros”, unha “diversidade” que se amosa nas probas de acceso á universidade.

También te puede interesar