Destacados Vigo al minuto

Denuncian que a empresa de limpeza das dependencias municipais fai 300 horas menos das contratadas

Os sindicatos aseguran que Abel Caballero xa o sabe e o BNG pide un expediente sancionador

Denuncian que a empresa de limpeza das dependencias municipais fai 300 horas menos das contratadas

A empresa de limpeza das dependencias municipais de Vigo fai 300 horas menos de traballo á semana das que ten contratadas. Así o asegura o seu persoal.

O Bloque Nacionalista Galego solicitará ao Goberno municipal a apertura dun expediente sancionador contra Urbaser. A petición débese “aos graves incumprimentos no servizo de limpeza de dependencias municipais”.

Denuncian que, segundo lles trasladou o Comité de Empresa, a concesionaria presta un 15% menos das horas minima de servizos.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo esta mañá unha xuntanza co Comité de Empresa do servizo de limpeza de dependencias municipais, que atinxe un cadro de persoal de 61 persoas e que foi adxudicado en 2019 por preto de 7 millóns de euros.

Non se cumpren as horas mínimas de servizo

A representación sindical trasladou que se están a producir “graves incumprimentos” do prego concesional. Entre eles salienta o feito de que non se están a executar as horas mínimas de servizo.Estanse facendo 300 horas semanais menos das contratadas. O que supón un 15% menos das 1.914 horas recollidas no prego o que equivaldría a 9 postos de traballo a xornada completa”, denunciou Igrexas.

“Permitir que unha empresa preste menos servizo que o que ten contratado e polo que percibe diñeiro público é tanto como consentir que se lle roube á cidade, reprochou o portavoz municipal nacionalista.

Sen cobrir as baixas, xubilacións e falecementos

Outras das cuestións denunciadas polo persoal é que non se están relevando as baixas e cesamentos, mesmo en casos de xubilación ou falecemento, que se traslada de maneira reiterada a traballadoras e traballadores dun centro de traballo a outro para “trampear” a falla de persoal, e que non se están a aplicar os necesarios incrementos de xornada.

Sen resposta polo Goberno municipal

Todos estes feitos teñen sido trasladados de maneira reiterada por parte do Comité ao Goberno municipal sen teren recibido resposta polo momento. 

“O Goberno de Abel Caballero non pode seguir facendo a vista gorda e consentindo que empresas que xestionan servizos públicos e que reciben millóns de euros de diñeiro de todas e todos, non cumpran os contratos e non respeiten as condicións laborais do seu persoal”, remachou Igrexas.O BNG solicitará formalmente que se abra expediente sancionador contra Urbaser e reclaman que o Goberno municipal actúe de maneira inmediata para esixir que a empresa cumpra o prego e garanta os dereitos laborais e o respeito ao convenio colectivo.

También te puede interesar