Comarcas

O Rosal acomete as obras de mellora do ramal de San Xián

Tamén avanzan as da estrada entea Tabagón, As Eiras e Goián

Tempos de transformación no Rosal. A alcaldesa, Ánxela Fernández, visitou estes días as obras de mellora que se están a realizar no ramal de San Xián. Trátanse de traballos de asfaltado e de mellora de muros de contención que realizou a Deputación de Pontevedra neste tramo, que vai transferir ao Concello do Rosal e que une os dous núcleos da ribeira do Rosal con Goián.

En fase de adxudicación

De xeito paralelo, Concello e Deputación continúan a dar pasos para o a transformación radical da estrada entre Tabagón-As Eiras-Goián. O proxecto atópase xa en fase de adxudicación e prevese que as obras comecen a finais de verán.

Estes traballos suporán «unha transformación do Rosal en mellora viaria, mobilidade e comunicación entre os núcleos rurais». Os mesmos, subliña a alcaldesa, teñen coma obxectivo unha mobilidade sostible, dándolle prioridade aos peóns.

650.000€ de orzamento

Nas obras desta primeira fase do proxecto investiranse máis de 650.000€, dos que o 80% serán achegados pola Deputación de Pontevedra. Con elas está previsto remodelar un tramo de 1,7 quilómetros dos 4,5 totais, nunha zona que conta cun intenso tráfico rodado e cunha importante mobilidade a pé.

Carril peonil e ciclista

Os traballos abranguen a creación dun carril peonil e ciclista que se completará cunha plataforma de circulación con dous carrís con beiravía e con redutores de velocidade. Durante as obras tamén se renovará a rede de drenaxe, farase a canalización soterrada da rede de iluminación pública. Ademáis, disporase dunha plataforma única con limitación de velocidade a 20 km/h na zona do CRA María Zambrano.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.