Comarcas Vigo al minuto

O Concello de Redondela contrata a once personas para facer labores de roza

Todas son veciñas e veciños en situación de desemprego

O Concello de Redondela contrata a once persoas que realizarán traballos de limpeza de viais municipais.

Este martes, día 1, comezaron o seu cometidos en brigadas encargadas dos labores de roza nos camiños e estradas de Redondela. Serán 11 persoas en situación de desemprego, contratadas a través do Plan Concellos, as que realicen este labor. Ata hoxe, este cometido encargábase a unha empresa.

Tres brigadas e dous tractores

Os traballos de roza, sinalou o concelleiro de Vías e Obras, serán desenvolvidos tres brigadas. As mesmas estarán compostas por dúas persoas, con maquina desrozadora a pe, e dous operaios de limpeza de beiravías e recollida de maleza. Os equipos contarán co reforzo de dous tractores de rozado en altura.

Cómpre salientar que, para evitar a acumulación de restos, contarán con dous Dumper mecanizados para a recollida de ditos refugallos, que tranpórtaranse diariamente, ao lugar de xestión. Todas as persoas participantes recibiron un curso sobre prevención de riscos laborais.

Veciñas e veciños en situación de desemprego

O feito de que sexan veciñas e veciños en situación de desemprego os que se encarguen dos traballos de roza, permite ao Goberno local acadar dous obxectivos. «Por unha banda –explica a alcaldesa, Digna Rivas,– axilízase a contratación e ofrécese un respiro ás veciñas e veciños que están en situación de desemprego; por outra, optimizamos o servizo de limpeza e rozado das vías e camiños municipais».

Retén de mantemento

Unha vez se rematen os traballos en todas as parroquias, manterase o denominado ‘retén de mantemento’, que sí realizará unha empresa.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.