RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

A Deputación empeza as obras de conservación de 64 estradas en 28 concellos

Desenvolveranse na comarcas de Deza, Caldas, O Salnés, Pontevedra, Terra de Montes, O Morrazo e Vigo

Obras

A Deputación de Pontevedra vén de dar luz verde ás obras de conservación de firmes na rede viaria provincial que abrangue 1.650 quilómetros.

353 quilómetros en 28 concellos

En concreto, estas primeiras obras que se van poñer en marcha
abranguen traballos de conservación de firmes en 353 quilómetros de 64 estradas provinciais que transcorren por 28 concellos da provincia, cun investimento total de 2,1 millóns de euros.

Desenvolveranse en tres das seis zonas nas que divide a provincia: Comarca de Deza, por importe de 638.183€ en 66,9 quilómetros de dez estradas provinciais dos concellos de Lalín (5), Dozón (1), Rodeiro (2), e Agolada (2).

Comarcas de Caldas e O Salnés, vanse realizar obras por importe de
634.076€ en 87 quilómetros de 18 estradas dos concellos de Barro (1), Cambados (1), O Grove (1), Sanxenxo (2), Meaño (3), Meis (4), Ribadumia (2), Vilanova (3) e A Illa (1).

Nas comarcas de Pontevedra, Terra de Montes, O Morrazo e Vigo, en 199 quilómetros de 36 estradas de Pontevedra (4), Vilaboa (1), Ponte Caldelas (2), A Lama (3), Cerdedo-Cotobade (2), Poio (3), Cangas (4), Moaña (2), Marín (4), Bueu (2), Fornelos (1), Redondela (3), Soutomaior (2), Moraña (1) e Campo Lameiro (2), cun orzamento de 878.598 €.

Acordo Marco

A Deputación aprobou a finais do pasado ano o novo Acordo Marco de conservación de firmes para a rede de estradas provinciais, que supón un investimento de máis de 4,4 millóns.

O principal obxectivo é garantir a súa viabilidade e, sobre todo, a seguranza viaria.

También te puede interesar