A delegada da Xunta presentou a sinalización homologada do Camiño de Santiago colocada nos comercios de Vigo.
O Comercio súmase á Hostalería viguesa
Durante unha visita a varios locais que xa exhiben os sinais, Marta Fernández-Tapias agradeceu a colaboración do sector nesta iniciativa. A delegada subliñou que o Comercio súmase á hostalería viguesa na sinalización do Camiño de Santiago.
Negativa do alcalde
Fernández-Tapias indicou que, «ante a negativa de Abel Caballero» a instalar a sinalización no tramo que pasa por Vigo, «tíñamos que dar un paso ao fronte».
Máis de 140 comercio están adheridos ata o momento a esta iniciativa que «supón unha importante fonte de ingresos para estes sectores». Por iso, a delegada da Xunta animou á cidade a «aproveitar a oportunidade que nos brinda o Xacobeo 21-22«.
Vigo, única cidade de Europa sin sinais oficias do Camiño de Santiago
Marta Fernández-Tapias volveu a insistir en que «é un despropósito que Vigo sexa a única cidade de Europa que non ten instalada as sinais oficiais«. Ademáis, lamentou que «o Camiño e o Xacobeo sexan outro motivo de confrontación para o alcalde«.
Na súa opinión, «non é lóxico que Caballero prive aos peregrinos de contar coa información que precisan e a negocios de sectores como a hostalería ou o comercio dos incentivos económicos que supón para a cidade contar cun tramo dunha ruta xacobea oficial».
«Caballero volver a quedar en evidencia»
É así, dixo a delegada, porque son o Comercio e a Hostalería os que asumen a colocación dos sinais do Camiño ao seu paso por Vigo. «Xa non é a Xunta, senón a cidade a que lle está a reclamar a Caballero que o Camiño de Santiago é un símbolo e un beneficio para todos».