O Concello de Baiona abre o prazo para solicitar praza para participar na Escola de Verán 2021. A mesmas está dirixida a nenos e nenas nacidos entre o ano 2009 e 2017 en cuxas familias cuxos proxenitores atópense en situación laboral.
En xullo
O programa desenvolverase ao longo do mes de xullo de luns a venres de 8:00 a 15:00 h. no CPI Cova Terreña e no CEP de Sabarís. Haberá flexibilidade no horario de entrada (de 8:00 a 9:15 h.) e no horario de saída (de 13:45 a 15:00 h.)
Xa se pode solicitar praza
As persoas interesadas en participar na ‘Escola de Verán 2021’ poden solicitar praza desde hoxe até o luns 24 de maio, os dous incluidos. Para tramitala deberán presentar a solicitude de inscrición no Rexistro de entrada do Concello de Baiona de luns a venres en horario de mañá. Antes terán que pedir cita previa no teléfono 986356779, ou a través da sede electrónica do Concello.
No caso de solicitudes presentadas pola sede electrónica, poden presentarse en calquera día e hora até o luns 24 de maio ás 14:00 horas.
As bases da ‘Escola de Verán 2021’, xunto cos anexos, estarán a disposición das persoas interesadas na páxina web municipal (www.baiona.gal), no taboleiro electrónico e no propio Concello.
Tamén poden solicitarse a través do enderezo electrónico [email protected] ou [email protected] ou no CIM, solicitando cita previa no teléfono 986/35 75 54.