Galicia

O 99% dos galegos de máis de 80 anos recibiron algunha dose da vacina da COVID

O seguimento de contactos con casos positivos de COVID se amplía ata os 7 días

Julio García Comesaña conselleiro de Sanidade

O conselleiro de Sanidade asegurou hoxe que o 99% dos maiores de 80 anos de Galicia recibiron algunha dose da vacina contra a COVID. Julio García Comesaña engadiu que o 75% xa está inmunizado.

Amplíase o sistema de rastrexo

Sanidade ampliará o sistema de rastrexo de contactos de positivos por COVID. Así, a data de inicio pasará dos actuais 2 días previos desde o último contacto coa persoas infectada, até os sete días

O novo procedemento porase en marcha en 10 días, logo dunha proba de pilotaxe para garantir o seu funcionamento.

Tamén contactos casuais

Segundo explicou hoxe o conselleiro de Sanidade, o novo seguimento se ampliará á busca daqueles contactos casuais que puidera terse reunido coa persoa con resultado positivo.

E ámbitos sociais concretos

Do mesmo xeito, engadiu Julio García Comesaña, a detección de novos casos tamén se estenderá a ámbitos sociais concretos: o laboral, o educativo ou aos establecementos de lecer

Galicia nunha «situación epidemiolóxica estable»

Na rolda de prensa de hoxe, o conselleiro asegurou que Galicia “continúa a manter unha situación epidemiolóxica estable, a pesar da leve repunta de casos positivos das últimas datas”.

Así, salientou que o cumprimento das medidas hixiénico-sanitarias e o avance no proceso de vacinación están a derivar nunha cuarta onda de menor intensidade. 

Máis de 1.000.000 de vacinas

No que atinxe ao proceso de vacinación, García Comesaña explicou que Galicia xa superou o millón de doses administradas e,  un total de 272.774 galegos e galegas xa completaron a súa vacinación”.

De acordo aos diferentes grupos de poboación, o conselleiro salientou que o 99% das persoas maiores de 80 anos xa recibiron algunha dose e que, o 75% deste grupo de idade xa conta coa pauta completa.

Tamén o 75%, de persoas con idades comprendidas entre os 70 e os 79 anos xa recibiron alo menos unha dose.

Pola súa banda, o 34,5% das persoas con idades entre os 60 e os 69 anos xa recibiron a primeira das doses da vacina. Esta cifra chega o 87% nos grupos esenciais; e o 70%, nas persoas con patoloxías de risco.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.