Cultura

O bono turístico #QuedamosenGalicia esgótase en poucas horas e colapsa a sede electrónica da Xunta

Dende as 00:00 h. había miles de persoas tentando facer a súa reserva

Xa non hai bonos turísticos dispoñibles de #QuedamosenGalicia. En poucas horas esgotáronse e, ao mesmo tempo, as persoas que pretendian facer a súa reserva colapsaron a sede electrónica da Xunta.

‘Colas virtuais’ de miles de persoas

Dende as 12 da noite, cando empezou o prazo para optar aos bonos, a web da Xunta estaba ‘parada’ ante a onda de persoas que querían entrar. As que o fixeron acabaron cos 20.000 bonos en moi pouco tempo, informan dende a Vicepresidencia primeira do Goberno galego.

Aportacións da Xunta de ata 300€

Como informáramos, este bono permite contar cunha ‘tarxeta moedeiro’ de distintos importes -250, 375 e 500€- dos que a Xunta pon o 60% e a persoa que a solicita un 40%. Esas cantidades poden gastarse ata o 16 de decembro nos establecementos de hostalería que participan no programa #QuedamosenGalicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.