Comarcas Vigo al minuto

O Centro de Acollida da Deputación supera as 200 adopcións no que vai de ano

A pasada semana saíu do centro cara ao seu novo fogar “Cástor”, 1ue estaba no CAAN dende 2019

Castror vaise para Ourense

O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra, chegou ás 210 as adopcións de cans e cadelas este ano. Unha das últimas a de “Cástor”, que levaba no centro dende 2019. ‘Castor’, que fora recollido na Cañiza, ten 9 anos e goza xa do seu novo fogar en Ourense.

Máis que no 2020

Segundo informa a Deputación, as cifras do CAAN superan amplamente ás do pasado 2020, en que no mesmo período producíronse 85 adopcións, aínda que hai que ter en conta que coa declaración do estado de alarma no 2020 suspendéranse os procesos a partir do 13 de marzo e ata o mes de maio.

Malia esta circunstancia, o pasado ano rexistráronse ata decembro un total de 583 adopcións, a cifra anual máis alta desde a apertura do centro.

Dos 210 animais que saíron do CAAN desde o pasado 1 de xaneiro, só un dos cans viaxou ao estranxeiro, concretamente a Portugal. En Galicia tramitáronse 168 adopcións, a maioría (143) na provincia de Pontevedra, mentres que o resto repartíronse polas comunidades autónomas de Castela e León (28), Madrid (5), País Vasco (3), Cataluña (3), Castela A Mancha (1) e Estremadura (1).

Vigo, líder en adopcións

No caso da provincia pontevedresa, Vigo é ata agora o concello con maior
número de procesos de adopción tramitados, un total de 24
, seguido da Estrada, con 19, e Pontevedra, con 18. Hai que destacar tamén os datos de Poio e Meis, con 8 adopcións en cada un destes concellos, así como as 7 acadadas en Vilagarcía ou as 6 de Cambados.

También te puede interesar