Ciencia y Tecnología Galicia

Un 80% menos de choiva en Galicia durante marzo

O terceiro mes do ano pode considerarse moi seco, con situacións anticiclónicas que deixaron moi escasas precipitacións

Galicia viviu un mes de marzo moi seco, caracterizado pola frecuente aparición de situacións anticiclónicas que deixaron moi escasas precipitacións.

25 litros por metro cadrado

Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que as precipitacións rexistradas quedaron moi por debaixo do agardado neste mes. A precipitación media acumulada foi de tan só 25 L/m 2 , sendo o terzo norte da Comunidade onde se acadaron os valores máis altos, ata un 50 L/m 2.

Así, o valor medio para o conxunto do territorio galego foi un 79% inferior ao período de referencia 1981-2010.

Temperatura media de 11 grados

En relación coas temperaturas, estas non se afastaron moito dos valores medios habituais. O mes de marzo deixa unha temperatura media de 11ºC, moi próxima ao valor climático, 10.8ºC. O valor medio para as máximas foi de 15.2 ºC, mentres que o da mínima foi de 4.1 ºC.

También te puede interesar